A historia dun “camello” e de toda unha xeración, xente que caeu na droga e que intentou sobrevivir. Esta novela fala de Ricardo, un mozo que pasa droga e quere abandonar ese mundo. É tamén o relato da súa xeración, a xente do seu barrio e do seu tempo: os que tiñan pouco máis de dez anos cando Franco morreu, cando os Bee Gees campaban nas radios. Escrita nun ton irónico que logra conservar todo o ton evocador da boa narrativa, a novela ten unha prosa de ritmo áxil, cun narrador en primeira persoa que se dirixe de maneira directa ao lector, logrando a súa complicidade.