Reúnese neste volume toda a obra poética publicada por Álvaro Cunqueiro desde 1933 ao ano do seu pasamento. Un período fundamental na súa obra, no que a voz poética destila un pouso de sabedoría lírica poucas veces acadado antes na literatura galega contemporánea. Esta nova edición, que recupera a ordenación dada polo autor a 'Herba aquí e acolá', engade un mangado de poemas nunca antes publicados en libro.